COMO TRABALLAMOS O SOPRO

Fai uns días que na aula teño un material novo e reciclado.
A partir dunha caixa de bombóns que tiña na casa e cuns gomets fixen un material para traballar o sopro. A meus alumn@s encántalles.
Trátase de facer un circuíto por onde teñen que mover unha bóla de porispán mediante a aspiración primeiro para absorvela e movela á seguinte casilla onde teñen que soprar para deixala. E así constantemente seguindo un percorrido descrito por frechas.
As cores dos gomets representan o nivel de dificultade. A cor vermella representa un nivel baixo porque temos que ir en liña recta. A cor verde sería un nivel 2 de dificultade e así sucesivamente.
Tamén diseñamos un campo de fútbol onde, xogando por parellas teñen que soprar por unha palliña e tratar de metela na portería ou tratar que o contrincante non nos meta gol.


No hay comentarios:

Publicar un comentario